banner narracion curta XIV

Un total de 135 nenos e nenas participaron nas tres quendas dos campamentos de conciliación de verán do Concello de Curtis

  • Nas tres quendas programáronse actividades lúdicas-participativas, nas que se tiveron sempre presente os principios de igualdade

Concilia veranNos campamentos de conciliación postos en marcha pola Área de Igualdade do Concello de Curtis a través do Centro de Información ás Mulleres durante este verano participaron un total de 135 menores nas tres tandas de asistencia que se organizaron, aínda que algún deles repetiu xa que en total se atenderon 209 nenos e nenas.

O Goberno local destaca a boa acollida que teñen estes campamentos, que se activan todos os anos para axudar na conciliación da vida familiar e laboral. Organizáronse nas instalacións do CEIP de Teixeiro e no Centro de Ocio Infantil de Curtis de luns a venres.

Nas tres quendas programáronse actividades lúdicas-participativas, nas que se tiveron sempre presente os principios de igualdade, especialmente o de igualdade de xénero que se aplicou de maneira transversal.

Contouse con actuacións e actividades integradas como talleres, xogos e deportes, así como saídas diferentes en cada unha das quendas establecidas.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.