Reportaxe final do acto de irmandade en Furci Siculo no que participou Curtis
O Concello de Curtis participou no ‘Pacto de irmandade’ celebrado en Furci Siculo en colaboración con municipios de Bulgaria, Eslovaquia, Letonia e Malta.
Ao acto acudiron os representantes dos municipios que se irmandaron, o alcalde de Curtis, Javier Cainzos, o rexedor de Furci Siculo, Matteo Francilia, os concelleiros Giovanni Catania e Rosanna Garufi e os primeiros cidadáns Elina Stapulone (Municipio de Prirkuli, Letonia); Ivan Ivanov (Letnitsa, Bulgaria); Jorge Grech (Zabbar, Malta); e Občianske Združeni (Milvus, Eslovaquia).
A iniciativa, impulsada polo Concello de Furci Siculo, recibiu a aprobación da Axencia Executiva - Eacea da Comisión Europea, do proxecto ‘Somos europeos! O noso futuro é Europa’, relacionado co programa da Unión Europea para os cidadáns.
O obxectivo do proxecto é establecer unha asociación sólida e duradeira, co fin de crear unha rede de colaboración e intercambio de experiencias que poida constituír un achegue de crecemento para fortalecer o concepto de cidadanía activa e democrática.A intención é alentar aos cidadáns a contribuír activamente á integración europea e desenvolver o diálogo intercultural, o entendemento mutuo e o apoio aos valores fundamentais europeos.
A comitiva curtiense que acudió a Furci Siculo tivo ocasión de coñecer iniciativas de especial interés económico da zona, así como a súa cultura e historia. Tamén participaron en outros actos, como a festividade do Rosario patroa local de Furci Siculo, acudindo á procesión que presidiu o bispo de Mesina e o alcalde do municipio ademais de todos alcaldes asinantes do pacto de Irmandamento de pobos e cidades.