banner narracion curta XIV

O Concello de Curtis recibe o premio á mellor xestión deportiva entre os concellos de menos de 15.000 habitantes

  • O xurado estaba composto por representantes dos xestores deportivos de Galicia, a Xunta, a Fegamp, as facultades de deportes de Coruña e Vigo e a prensa deportiva.
  • O alcalde Javier Caínzos agredece este premio, "polo que representa de apoio á nosa aposta polo fomento de hábitos de vida saudables".
  • O galardón será entregado durante a gala de X Premios á Xestión Deportiva que se celebrará o 15 de novembro na Cidade da Cultura.

premio deporteO Concello de Curtis recibirá o próximo 15 de novembro na Cidade da Cultura (Santiago) o galardón á mellor xestión deportiva entre os municipios de menos de 15.000 habitantes no marco dos X Premios á Xestión Deportiva que conceden a AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos) e FAGDE (Federación Galega de Xestores Deportivos).

Estes recoñecementos falláronse esta semana por unaniidad do xurado, composto por representes de ambos os colectivos, así como da Secretaría Xeral para ou Deporte, Facultade de Ciencias do Deporte e a E.F. (UDC), Federación Galega de Municipios e Provincias, Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (UVIGO), Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física de Galicia e a Federación Galega de Prensa Deportiva.

O alcalde Javier Caínzos agredece este premio, "polo que representa de apoio ao labor que vimos desenvolvido no Concello desde hai moitos anos apostando polo deporte e o fomento de hábitos de vida saudables".

Os outros premios foron para:

  • Premio ao mellor xestor/a deportivo/a: Guadalupe Murillo Solís (Presidenta do Pontevedra C.F.).
  • Premio á mellor entidade pública: Concello de Vigo.
  • Premio á mellor entidade privada: Empresa Invernalia Ice Park
  • Premio ao mellor estudo ou innovación: Iván Caravel San Emeterio, pola elaboración do estudo 'Modelo predictivo de baixas dun centro deportivo'.
  • Premio ao mellor patrocinio deportivo: Empresa Arenal (Lugo).
  • Premio á xestión sustentable no deporte: Club 'As vellas non paramos' (Betanzos).
  • Premio á xestión deportiva de integracion social: Servizo de Lecer de ASPRONAGA.
  • Premio á mellor actividade ou programa deportivo: III Street Games Coruña.
  • Premios de recoñecemento especial que a partir desta edición levarán o nome de 'José Luís Salvador', fundador de AGAXEDE e que neste ano, cúmprese o X Aniversario do seu falecemento. Os premios concedidos polo xurado son; Empresa Jim Sport; Carlos Negreira Souto e Empresa Xaniño.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.