Numeracion Curtis logos

Teixeiro presume este fin de semana do seu produto estrela, o cogomelo, no vinte aniversario da súa exaltación

Cogomelo 19O municipio de Curtis presumirá todo este fin de semana do seu produto estrela, o cogomelo, no vinte aniversario da súa exaltación. Para iso, ademais dos numerosas locais de hostalaría de Curtis e Teixeiro que se suman as rutas gastronómicas impulsadas pola área municipal de Promoción Económica para poder degustar tapas, petiscos e pratos elaborados, organízanse saidas ao monte e charlas.

A XX Exaltación do Cogomelo de Teixero tamén irá da man da VI Feira Local coa que a Asociación de Comerciantes desta localidade quere promocionar a calidade do comercio da localidade. Para iso instalará unha gran carpa todo o fin de semana, de 11.00 horas a 19.00 horas, na Praza de España con decenas de expositores.

Hoxe, sábado, organizaranse ademais, charlas micolóxicas, que se imparten  antes da saída ao monte á procura de cogomelos dirixida por expertos micólogos da Asociación Pan do Raposo, ás que están convidadas a participar todas as persoas interesadas.

Pola tarde, ás 22.00 horas celebrarase a IX Ruada de Teixeiro, organizada pola asociación cultural Faragulla en casa Miraz, con distintos grupos de cante e baile tradicionais.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.