Numeracion Curtis logos

A campaña “Días Azuis” deixa en Curtis un premio de 150 euros

A segunda edición da campaña “Días Azuis no Comercio Galego” deixou unha gañadora no Concello de Curtis, que resultou premiada con 150 euros nunha gala organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.

Trátase dunha iniciativa nada para potenciar as compras no pequeno comercio local, na que a Asociación de Comerciantes de Curtis participou este ano, por segunda vez consecutiva, para fomentar o gasto dos veciños nos seus establecementos.

Varios representantes desta asociación curtense recolleron o premio en nome da veciña afortunada, Nerea Collado, quen depositou unha das papeletas gañadoras do sorteo no establecemento El Hilo Rojo.

Xunto a eles estaba o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, amosando o compromiso do Concello co comercio de proximidade e coas iniciativas que potencian o crecemento económico da localidade.

 

DIAS AZUIS copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.