banner narracion curta XIV

O Concello de Curtis recibe o “Premio á Xestión Deportiva” na categoría de “Concellos de menos de 15.000 habitantes”

O compromiso e a decidida aposta polo deporte do Concello de Curtis veñen de ser premiados esta fin de semana nunha gala celebrada na Cidade da Cultura de Galicia.

IMG 20191116 WA0015 copy

 O alcalde, Javier Caínzos, recolleu o “Premio á Xestión Deportiva” na categoría de “Concellos de menos de 15.000 habitantes”, que recoñece a Curtis como o pequeño concello galego que mellor desenvolve o potencial do seu deporte local e fomenta os hábitos de vida saudables entre os veciños.

 Caínzos agradeceu este galardón, que atribúe “á profesionalidade e compromiso do equipo de persoal técnico do concello”; así como “a unha poboación cada día máis concienciada coa práctica de hábitos saudables”.

 Os “X Premios á Xestión Deportiva” nacen de AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos) e FAGDE (Federación Galega de Xestores Deportivos), e entre o xurado se atopaban tamén membros da Xunta de Galicia, a FEGAMP, as facultades de deportes de Coruña e Vigo e a prensa deportiva.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.