banner narracion curta XIV

O Concello de Curtis ofrece actividades formativas e culturais en torno ó Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O Concello de Curtis ten preparada unha chea de actividades en torno ó Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada ano o 25 de novembro.

ACTOS SEMANA 25NA primeira destas será a representación da coñecida obra de teatro “A casa de bonecas” o sábado 23, ás 19.30, no salón de actos do Recinto Ferial de Curtis. Un espectáculo que transforma en arte a eterna loita da muller pola igualdade.

O martes 26, na mesma localización, de 16.00 a 19.30, será o turno do obradoiro “Claves para reducir o estrés”, mentres que o venres 29 estará centrado en concienciar ós maís pequenos, coa obra teatral “Estrafalaria”, ás 16.30 na Biblioteca Municipal de Teixeiro.

A última das actividades en torno ó 25N será o coloquio “Crecendo en igualdade”, no Espazo Xove de Curtis. Terá lugar o mércores 4 de decembro entre as 16.00 e as 19.30.

Ademáis, de xeito paralelo, haberá xornadas de formación e sensibilización nos centros educativos durante toda a vindeira semana.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.