Numeracion Curtis logos

O CIM de Curtis imparte obradoiros de empoderamento feminino ás reclusas do Centro Penitenciario de Teixeiro coincidindo co 25N

Coincidindo coa semana de celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Concello de Curtis está a levar a cabo varias actividades sobre igualdade de xénero dirixidas a distintos públicos, entre eles as reclusas do Centro Penitenciario de Teixeiro.

Técnicos do Centro de Información á Muller ofreceron estes días varios obradoiros de empoderamiento feminino ás reclusas, co obxectivo de axudalas a desenvolver a súa intelixencia emocional, asertividade e autoestima, sentando unhas bases para que tracen a súa estratexia persoal de futuro.

Nestes cursos estiveron presentes a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, a responsable da Unidade de Violencia de Xénero de dita institución, Maribel Álvarez, a concelleira de Igualdade de Curtis, Eva Lata, e o director do Centro Penitenciario de Teixeiro, José Ángel Vázquez.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.