A Alcaldía de Curtis presenta uns orzamentos que consolidarán a Relación de Postos de Traballo Municipal
A Alcaldía de Curtis presentará no pleno ordinario deste xoves uns orzamentos para o ano 2020 cos que se busca consolidar a Relación de Postos de Traballo do Concello, axustándoa á normativa legal vixente.
Javier Caínzos porá sobre a mesa unas contas que priorizan a cobertura de tódolos postos de persoal laboral e funcionario, de xeito que a finais do vindeiro ano 2020 non haxa rastro de temporalidade na plantilla municipal.
Así “cumprimos co compromiso adquirido polo goberno local de regularizar todo o personal municipal con carácter permanente” , sinalou o alcalde curtiense.