banner narracion curta XIV

O teniente de alcalde de Curtis destaca nun acto en Malta a importancia da empregabilidade na integración dos migrantes

Unha delegación do Concello de Curtis, formada polo teniente de alcalde, Antonio Fraga, a concelleira de Igualdade, Eva Lata, e a técnica municipal de emprego, Susana Nieto, asistiu esta semana en Malta ó terceiro ciclo de conferencias do proxecto europeo 'From Inmigration to Integration', que o Concello organiza coa financiación do programa Europe for Citizens da UE.

Neste encontro Antonio Fraga destacou a necesidade de estudar as boas prácticas que se realizan naqueles países con maior presión migratoria e poder traspasalas no futuro á realidade do municipio.

Pola súa banda, Susana Nieto, recalcou o apoio que reciben os migrantes na búsqueda de emprego no Concello de Curtis, así como o acompañamento que reciben nas diferentes fases da empregabilidade.

Delegacin do Concello de Curtis en Malta copy

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.