Numeracion Curtis logos

Aprobada por maioría absoluta a proposta da alcaldía para os fondos POS 2020

O pleno do Concello aprobou esta mañá a proposta do equipo de goberno para a utilización dos fondos do POS 2020 da Deputación de A Coruña, con 8 votos a favor do PP e 3 abstencións das Asambleas Locais de Curtis.

A proposta da alcaldía inclúe actuacións en distintos puntos do Concello, tanto no territorio urbano como no rural, apostando por un reforzo dos servizos básicos e un incremento da seguridade vial

En concreto, propón a rehabilitación das beirarrúas e do firme da calzada das rúas Eduardo Pondal, Blanco Amor, Camilo José Cela e Seixo Arriba, así como a mellora da sinalización viaria en rúas dos núcleos de Curtis e Teixeiro, para reforzar a seguridade dos vecinos e veciñas.

O goberno local tamén considera prioritaria a rehabilitación do pavimento e a rede de pluviais dos camiños Cheira-Boedo, AC 840-Alvite, Edar Curtis - A Raia e Igresario-AC 840, así como a mellora das redes de auga potable e saneamento existentes nas Pereiras e A Carballeira.

12366 ayuntamiento del concello de curtis

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.