banner narracion curta XIV

O Concello de Curtis decreta tres días de loito oficial polo tráxico suceso acontecido na aldea de Igrexario, parroquia de Fisteus

No día de onte, tres membros dunha familia, un matrimonio e o fillo, faleceron repentinamente pola intoxicación de monóxido de carbono. Trátase dunha familia moi querida, amable e cercana cuxo pasamento significa unha gran perda para todos os veciños deste concello.

Por esta razón decrétanse tres días de loito oficial no municipio de Curtis dende as 9.30 h do 23 de decembro de dous mil dezanove ata as 9.30 h do 26 de decembro de dous mil dezanove, durante os cales as bandeiras ondearán a media asta no exterior da Casa Consistorial.

No nome da Corporación Municipal, trasladar as nosas condolencias ao fillo e aos demais familiares dos defuntos.

 

Captura de pantalla 2019 12 23 a las 10.31.38

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.