Numeracion Curtis logos

Caínzos comprométese a trasladar á Xunta o malestar dos veciños de Fisteus co proceso de concentración parcelaria

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, vén de manter unha reunión urxente cos implicados na concentración parcelaria de Fisteus, que lle manifestaron a súa preocupación polo xeito no que se está a producir este proceso.

Os afectados afirman sentirse excluídos dos procesos participativos e tomas de decisións, e acusan ós técnicos da Xunta de ignorar ós órganos creados para levar a cabo a concentración: a Xunta Local e a Comisión de Traballo.

Ante esta situación o alcalde curtiense comprometeuse a trasladar as queixas e demandas veciñais ó director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, para tratar de recuperar o ambiente de colaboración e participación inicial.

 

Fisteus

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.