Numeracion Curtis logos

500 curtienses poden viaxar gratis no transporte interurbano

A Xunta de Galicia vén de aumentar o rango de idade dos usuarios da tarxeta Xente Nova, que proporciona transporte interurbano gratuito para fomentar a mobilidade e aliviar os gastos correntes das familias.

Se ata 2019 estaba limitada a nenos e xóvenes de ata 18 anos, agora esta idade aumenta ata os 20, o que supón que 500 curtienses poden viaxar gratis no transporte interurbano.

O Concello de Curtis forma parte da rede de concellos beneficiarios dende o nacemento desta iniciativa, no ano 2016, polo que o seu alcalde amosouse satisfeito con esta decisión do goberno galego.

“O incremento do rango de idade dos beneficiarios desta tarxeta é unha excelente medida, pois supón liberar dun gasto habitual a mais familias curtienses”, sinalou Caínzos.

 

ge8p10g1 01

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.