banner narracion curta XIV

Caínzos consegue que a Xunta se reúna cos veciños de Fisteus para retomar o consenso na concentración parcelaria

Recentemente o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, mantivo unha reunión cos veciños afectados pola concentración parcelaria de Fisteus, na que estes lle manifestaron o seu malestar ante a actitude da Xunta de Galicia neste proceso.

Os membros dos órganos creados para levar a cabo esta concentración, a Xunta Local e a Comisión de Traballo, consideran que o goberno galego os exclúe nos procesos participativos e tomas de decisions, polo que solicitaron a Caínzos que trasladase esta situación á Xunta.

E así foi: Caínzos vén de manter un encontro co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, no que conseguiu que se comprometese a fixar unha reunión inmediata para escoitar ós veciños, resolver as súas dúbidas, e recuperar o ambiente de colaboración e participación inicial.

 

SANTA MARÍA DE FISTEUS CURTIS 01

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.