banner narracion curta XIV

O Museo Etnográfico de Teixeiro disporá de case 25.000 euros en 2020

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, vén de asinar un convenio co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a través do cal o organismo provincial financia o servizo de atención a visitantes e as actividades deste centro ubicado ás marxes do río Mandeo. Nesta sinatura tamén estivo presente o deputado responsable da área de Contratación, Xosé Lois Penas.

A Deputación destina este ano 24.756,91 euros para financiar o servizo, que contará con persoal para atención ao público todos os días da semana, agás o luns, que permanecerá pechado. De martes a venres establécese un horario de mañá e tarde ( de 10 a 13 horas e de 16 a 19 horas) e as fins de semana só de mañá ( de 10 a 14 horas).

O Concello de Curtis organizará un mínimo de dúas visitas mensuais para o que contactará con colexios, institutos de educación secundaria e asociacións da comarca.

 

Formoso Caínzos copy

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.