Numeracion Curtis logos

Iniciada a humanización da contorna da Praza de España en Teixeiro

Curtis, 22 de xaneiro de 2020.- Esta semana comenzaron as obras de humanización e mellora da contorna da Praza de España de Teixeiro, coas que se complementa a reurbanización que transformou o emblemático espacio que precede á Casa Consistorial.

Nesta nova fase de actuacións procederase a unha humanización das rúas anexas á praza, coa que se incrementará a superficie de espazo peonil e se suprimirán as barreiras arquitectónicas, en base á normativa vixente en materia de accesibilidade.

Ademáis, vanse renovar os pavimentos en beirarrúas e calzadas, instalarase unha nova rede de pluviais e implantarase unha nova sinalización horizontal, con especial incidencia nos pasos peonís que unen estas rúas coa Praza de España.

As obras son executadas polo Concello de Curtis e cofinanciadas por éste e a Dirección Xeral de Urbanismo, a través do Plan Urbe. A inversión ascende a un total de 88.525 euros.

 Actuacións previas

No ano 2017 procedeuse a cambiar toda a pavimentación da praza, que estaba en moi mal estado, retirouse a fonte para deixar un espazo máis diáfano e multiusos, incluíronse zonas de xogo, mellorouse a accesibilidade, e potenciouse a iluminación.

A finalidade: mellorar este punto de encontro no que se desenvolven algunhas das principais actividades de Teixeiro, como as feiras dos días 5 e 18 de cada mes, as festas locais e numerosos actos de distintos colectivos sociais. 

Obras de humanización no entorno da Praza de España en Teixeiro

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.