Numeracion Curtis logos

Queres ser voluntario do programa "Ao teu carón"?

Seguimos avanzando na posta en marcha do programa de acompañamento para maiores "Ao teu carón", co que pretendemos combater o illamento da tercera idade.

Como? Con visitas a domicilio de voluntarios combinadas cun programa de sociabilización deseñado por psicólogos e expertos.

Se queres ser voluntario/a nesta fermosa iniciativa podes apuntarte no noso departamento de Servizos Sociais, achegándote á Casa do Concello ou chamando ó 981 789 003.

Todos os voluntarios e voluntarias recibirán unha formación específica antes da posta en marcha do programa.

 

ACOMPAÑAMIENTO MAYORES

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.