banner narracion curta XIV

Gran éxito de inscrición na IV Poxa de élite de gando frisón

A apertura da participación na IV Poxa de Élite a todo o territorio nacional está a resultar un auténtico éxito. Solicitaron a súa inscripción un total de 75 animais .

Tras un complicado proceso de selección -máis de 35 aspirantes contan con GICO superior a 4000 puntos- elixironse con carácter previo 18 animais para a sua participación neste prestixioso evento.

Participarán 16 gandeirías das mellores de Galicia, Asturias, Cataluña e Castela e León, que destacan nos primeiros postos de España en calificación morfolóxica ou índices xenéticos.

Este ano o evento contará cun marcado acento internacional dado o atractivo da oferta de animais presentados na Poxa, que unido ó prestixio das gandeirías participantes de seguro levará ata Curtis a compradores de distintos países europeos.

 

Poxa Curtis

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.