banner narracion curta XIV

Curtis achega ós dous núcleos do concello un novo servizo de información catastral

O Concello de Curtis vén de poñer en marcha un novo servizo de información catastral, que se prestará o segundo martes de cada mes na Casa do Concello, e o cuarto martes de cada mes na Oficiña Municipal de Curtis. (Se o citado día coincide en festivo trasladarase ao seguinte día hábil).

O obxectivo do goberno local é ofrecer ós veciños e veciñas un servizo de proximidade (evitando que teñan que desprazarse á Coruña) ó achegar ós dous núcleos do Concello a persoal técnico cualificado que atenda tódalas súas dúbidas en relación ó censo de bens e inmobles.

Os datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital serán de consulta pública neste punto de información, e os titulares catastrais (ou os seus representantes debidamente autorizados) poderán realizar calquera trámite relativo a inmobles da súa propiedade.

O servizo de información catastral comeza este mesmo mes de febreiro, e o horario de atención ó publico é de 09:00 h a 15:00 h.

Para facer uso deste servizo será preciso solicitar cita previa, achegándose ó Concello ou á Oficiña Municipal de Curtis, ou chamando ós seguintes teléfonos :

Casa Consistorial en Teixeiro : 981 789 003
Oficiña Municipal de Curtis: 981 777 105

catastro

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.