Numeracion Curtis logos

O goberno local leva a Pleno a aprobación definitiva da RPT

O goberno local de Curtis leva ó Pleno ordinario do mes de febreiro, que terá lugar este venres día 7 (14.00h), a aprobación definitiva da primeira Relación de Postos de traballo da historia do Concello.

O documento foi aprobado inicialmente polo Pleno na súa sesión do 5 de decembro, e publicado no BOP de A Coruña catro días máis tarde, abríndose un período de exposición pública de 20 días hábiles para que os interesados puideran facer as alegacións que estimasen oportunas.

Ante o alto grao de consenso en torno ó documento, impulsado dende a Alcaldía, tan só se presentaron dúas alegacións: unha da Unión Xeral de Traballadores, e outra dun traballador municipal.

Despois de que un informe xurídico propuxese a desestimación destas alegacións, o obxectivo do goberno local é aprobar definitivamente a Relación de Postos de Traballo este venres, para que os 53 traballadores municipais se beneficien de forma inmediata da mellora que lles implica este documento.

Dende o grupo de goberno lamentan que a presentación destas dúas alegacións retrasase a entrada en vigor da RPT, sendo os traballadores os únicos perxudicados.

 

PRESENTACIÓN PROXECTO RPT

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.