Numeracion Curtis logos

Aprobada, cos votos a favor do PP, e a abstención das Asambleas Abertas, a RPT municipal

O Pleno de Concello de Curtis aprobou na sesión ordinaria de hoxe a posta en marcha da primeira Relación de Postos de Traballo do Concello, xurdida dun amplo consenso conseguido dende a alcaldía.

Este documento, que redundará en mellores condicións salariais de 53 empregados municipais, foi aprobado definitivamente na xornada de hoxe grazas ós votos a favor do Partido Popular, pese á abstención das Asambleas Abertas de Curtis.

O goberno local, encabezado por Javier Caínzos, celebra a aprobación definitiva desta RPT, que tramitará coa maior celeridade  para que os traballadores poidan disfrutar canto antes das melloras que lles implica.

Asimesmo, lamenta que a entrada en vigor do documento se demorase varios meses pola presentación de dúas alegacións, unha da UXT, e outra dun traballador municipal, que foron desestimadas.

 

Outros puntos do día

Entre os puntos do día da sesión plenaria cabe destacar a aprobación, por unanimidade, da posta en marcha dun Convenio de Colaboración entre Curtis e Vilasantar para solicitar ó goberno autonómico a financiación da pavimentación da Rúa Xaboeiro, limítrife entre ambos concellos.

Tamén por unanimidade aprovouse de xeito provisional a Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa polo aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministros de interese xeral.

 pleno febrero copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.