Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis amósase satisfeito coa resolución da Xunta sobre a modificación do PXOM

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación definitiva parcial da modificación puntual n°6 da PXOM. Unha resolución ante a que o Concello de Curtis amósase satisfeito.

A proposta remitida a urbanismo incluía os 143 núcleos rurais do Concello, dos cales a Xunta dalle o visto bó a 130 e insta ó concello a facer correccións e xustificar mellor a proposta nos 13 restantes (Os Campos, As Regas, Abelar, Brixeria, Bodeus, Montealto, Morangueiros, Balter, Cruceiro, Cerdeira, Modillos, Santaia, Curro).

Neste punto, o equipo corrector levará a cabo as modificacións coa maior brevidade posible para poder solicitar á Xunta a súa aprobación definitiva.

Segundo explicou o alcalde, Javier Caínzos, con esta modificación do PXOM dase resposta ó proceso de participación cidadá promovido dende o Concello, e adecúase o Plan á lexislación vixente da Lei do Solo de Galicia.

Coa proposta, deseñada polo goberno local para impulsar o desenvolvemento rural, adáptanse as delimitacións existentes á realidade social do Concello, reflectindo as necesidades dos veciños e veciñas.

As novas delimitacións exclúen dos núcleos rurais as edificacións adicadas ó uso gandeiro, agrícola e forestal para facilitar a ampliación das edificacións existentes e as actividades vinculadas cos sectores primarios.

 

PXOM copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.