Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis vén de celebrar en Lituania o cuarto encontro do proxecto europeo 'From Immigration to Integration'

O Concello de Curtis vén de celebrar en Lituania o cuarto encontro do proxecto europeo “From immigration to integration”, unha iniciativa financiada pola UE coa que o Concello pretende promover unha visión positiva das migracións e avanzar na súa estratexia de fixación de poboación no rural.

A delegación curtiense estivo formada pola concelleira de Benestar Social, Marta Barreiro, a técnica de Cultura municipal, Beatriz Penas, e a directora do Centro de Información á Muller, Natalia Pita.

Esta última presentou o seu traballo ao cargo do centro baseandose en historias de mulleres migrantes que acadaron un emprego tras chegar ao concello de Curtis.

Pola súa banda, a titular de Benestar Social, incidiu na importancia de compartir boas prácticas para a integración dos migrantes, para poder ofrecerlles “unha integración o máis rápida e satisfactoria posible, facilitando a súa inserción laboral apoiados e asesorados polos diferentes departamentos municipais”.

Durante estas xorndas, celebradas no Municipio de Moletai e no Parlamento Nacional de Lituania (Vilnius) as integrantes da delegación curtiense puideron compartir experiencias, entre outros, cos seguintes relatores:

- Povilas Jankauskas – inmigrante en Irlanda do Norte retornado a Lituania

- Rasa Karūžaitė, técnica de servizos sociais en Moletai - situación dos menores non acompañados en Lituania

- Julija Ziminska, secretaria de estado para a control de fronteiras

- Evelina Gudzinskaitė, alta funcionaria do Ministerio do Interior, a situación da inmigración en Lituania

O deputado nacional Audronis Azubalis estivo presente en boa parte das charlas como membro da Comisión de Inmigración do Parlamento de Lituania.

O programa 'From Immigration to Integration' está integramente financiado pola Comisión Europea a través da rede de cidades' 'Europa para os Cidadáns'.

No mesmo involucrouse a máis de 100 participantes procedentes dos 13 países que forman o partenariado: Hungría, Eslovaquia, Romanía, Letonia, Lituania, Francia, Portugal, Alemaña, Malta, Chipre, Grecia e España.

 

958b05eb d01f 4ae5 ac62 c23626ac2820

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.