Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis aproba, pese a abtención das Asambleas, unha moción para instar ó Goberno a aboar a súa débeda con Galicia

O Concello de Curtis vén de aprobar unha moción para instar ó Goberno central a aboar a débeda pendente con Galicia, en referencia ós 370 millóns de euros que debe ó Goberno autonómico pola liquidación dunha mensualidade do IVE de 2017 (200 millóns) e os incentivos polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018 (170 millóns).

O Grupo Popular, quen presentou a iniciativa, insistiu en que o Estado debe adoptar unha solución urxente para transferir estes cartos, que pertencen a todos os galegos.

Asimesmo recalcou que esta débeda, que afecta directamente ao sistema de financiamiento autonómico, pode supoñer unha importante perda de recursos para os veciños e veciñas do Concello.

A pesares da abstención das Asambleas Abertas, que alegaron que a Curtis non lle afecta que o Goberno non pague eses cartos, a moción saiu adiante con todos os votos do PP a favor, sumándose o Concello de Curtis ás reivindicacións de entidades locais e provinciais de tódalas cores políticas.

20200207 124721

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.