banner narracion curta XIV

O Concello de Curtis lembra ós propietarios de animais de compañía a súa obriga de recoller as deposicións da rúa

O Concello de Curtis vén de detectar un incremento do malestar da veciñanza ante a irresponsabilidade dalgúns propietarios de animais de compañía que non recollen os excrementos que éstes fan nas rúas.

Por este motivo estes días estanse a colocar carteis nas rúas dos núcleos de Curtis e Teixeiro, apelando á educación, ó civismo e ó respecto ós demáis, lembrando a obriga de recoller os excrementos reflexada na “Lei 4/2014 de Protección e Benestar dos animais de compañía de Galicia” (artigo 38), e informando de que as multas por non cumprir esta norma ascenden ós 500 euros.

Cartel recogida excrementos mascotas

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.