Numeracion Curtis logos

Aprobación das bases do "Concurso de disfraces do Antroido 2020"

En vista do éxito que obtivo nas pasadas edicións o concurso de disfraces, e debido ó interese cultural que ten a celebración desta festa na nosa comunidade, procedemos a convocar o "Concurso de disfraces de Antroido 2020 do Concello de Curtis" de acordo coas seguintes bases:

BASES CONCURSO DE DISFRACES DO ANTROIDO 2020

1. O concurso de disfraces celebrarase o vindeiro 25 de febreiro de 2020 nas festas de antroido programadas polo Concello en Curtis e en Teixeiro.

2. Os participantes deben inscribirse ata o día 25 de febreiro de 2020 nas dependencias municipais para poder participar no concurso.

3. Para participar será necesario inscribirse, debendo indicar: nome, apelidos, idade e categoría na que se presentan.

4. O xurado estará composto por varios membros alleos ao Concello.

5. Establécense as seguintes categorías (tanto en Curtis como en Teixeiro):

  • CONCURSO INFANTIL (ATA 16 ANOS):
    1º premio individual ou grupo: vale de compra de 150€
    2º premio individual ou grupo: vale de compra de 100€
    3º premio individual ou grupo: vale de compra de 50€
  • CONCURSO MAIORES:
    1º premio individual ou grupo: vale de compra de 300€
    2º premio individual ou grupo: vale de compra de 200€
    3º premio individual ou grupo: vale de compra de 100€


6. A clasificación para optar aos premios será por tramos idade, quedando establecido o concurso en dúas categorías: - Infantil, para cando se presenten de xeito individual ou colectivo menores de 16 anos - Adultos, dos 16 anos en adiante. Se hai un integrante do grupo que teña 16 anos ou máis, o grupo participante pasará a formar parte da categoría de adultos aínda que a maioría do grupo sexa infantil.

7. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado o considera oportuno.

8. Os premios deberán gastarse nos establecementos do Concello (comercio e hostalería).

9. Os gañadores deberán contactar co Concello antes de gastar os vales para saber se o establecemento participa neste programa.

10. Os persoas que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.

11. O Concello de Curtis reservase o dereito de darlle publicidade a este concurso a través dos medios que considere oportunos.

12. A presentación a dito concurso supón a aceptación destas bases.

 

  • Tamén haberá o luns día 24, de 11 a 13h, un Obradoiro de cociña infantil. Hai 50 prazas (25 en Curtis e 25 en Teixeiro), que se cubrirán por orde de inscrición. Podedes apuntar ós vosos nenos e nenas do 17 ó 20 de febreiro nas dependencias municipais.

 

CARTEL ENTROIDO CONCELLO DE CURTIS 2020

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.