Numeracion Curtis logos

O Concello presenta a súa programación de cara ó 8 de Marzo

O Concello de Curtis vén de presentar a programación definitiva que desenvolverá nas vindeiras semanas con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

Presentaron a programación a concelleira de igualdade Eva Lata, a directora
do CIM Natalia Vázquez, a psicóloga Claudia Ares e o Alcalde Javier Caínzos.

Unha programación que xurde das demandas das usuarias do Centro de Información á Muller así como dos veciños e veciñas.

Entre as actividades destacan, no núcleo de Curtis, un Curso de Primeiros Auxilios e outro de “Mobilización do paciente e prevención de lesións”, así como unha xornada sobre os “Riscos en internet e RRSS para as familias”.

No núcleo de Teixeiro haberá un “Curso de primeiros auxilios para bebés e nenos” e un “Curso de fotografía”, ademáis dunha exposición fotográfica temática: “A muller rural”.

As formacións tamén serán protagonistas do IES de Curtis, o CEIP de Curtis e o CEIP de Teixeiro, baixo o tema “Os nenos, internet e as redes sociais”

Os interesados en participar nestas acticidades poden inscribirse na Casa do Concello (981 789 003), na Oficiña Municipal de Curtis (981 777 105), ou mandando un correo electrónico a : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

2e7fb497 0de5 4636 ab7e d9f1e2d3b5bf

 

WhatsApp Image 2020 02 28 at 1.44.42 PM copy copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.