Gran éxito do Campionato Galego de Powerlifting celebrado esta fin de semana en Teixeiro
Un ano máis o concello de Curtis converteuse na cuna do powerlifting coa celebración, o pasado sábado no Polideportivo de Teixeiro, da quinta edición do seu Campionato Galego.
Un evento enfocado á promoción do deporte que supón o primeiro escalón para os afeccionados que comezan o seu camiño no mundo da competición e que, como en pasadas edicións, logrou atraer público non só de Galicia, senón tamén doutros puntos do norte peninsular.
Un total de 30 competidores, de entre 10 e 50 anos, participaron nesta edición organizada, como cada ano, polo Concello de Curtis e a Asociación Galega de Powerlifting, coa especial adicación do empregado municipal Santiago Fernandez Linares, coñecido como “Guti”.
A Concelleira de Deportes, Carmen Cernadas, agradeceu, na entrega de premios, o esforzó e adicación de Guti na coordinación e organización desta V edición, asegurando que “sen él non sería posible”.
Esta iniciativa enmárcanse na aposta do Concello de Curtis por potenciar actividades deportivas para fomentar hábitos de vida saudables, e co obxectivo de atraer ao municipio eventos que o sitúen no centro galego para moitos afeccionados de distintas modalidades.