Numeracion Curtis logos

Mañá entra en vigor, trala súa publicación hoxe no BOP, a modificación nº6 do PXOM

Mañá entra en vigor, trala súa publicación hoxe no Boletín Oficial da Provincia, a modificación número 6 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Curtis, un documento xurdido dun amplo proceso de participación veciñal no que o executivo local traballa dende o ano 2015.

Con esta modificación do PXOM, que afecta de inmediato a 130 núcleos rurais ( á espera de pequenas correccións nos 13 núcleos pendentes de aprobación da Xunta, que xa está a efectuar o equipo redactor) o goberno municipal busca impulsar o desenvolvemento rural curtiense, adaptando as delimitacións existentes á realidade económica social do Concello, e adecuándoas á Lei do Solo de Galicia.

O proxecto completo supón a desclasificación de 3 millóns de metros cadrados de solo rural, que pasan a ser considerados solo rústico, o que permitirá crecer ás explotacións agropecuarias e gandeiras.

Así, o Concello de Curtis da un forte impulso ó sector primario ó facilitar a ampliación das edificacións vinculadas á agricultura e á gandeiría, e ó reducir a cuantía dos impostos que os veciños pagan polas súas terras.

Trátase dunha revisión urbanística que reactivará a actividade agraria e gandeira e que, ademáis, evitará que próximos ós núcleos e perímetros das aldeas se realicen actividades forestais que poñan en risco ás vivendas.

 

foto para wbe

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.