Numeracion Curtis logos

O GES de Curtis realizou durante o pasado ano unha media de tres intervencións diarias nos seis concellos nos que actúa

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Curtis pechou o pasado ano cun total de 1091 intervencións en toda a súa área de influencia, que inclúe, ademais do concello onde ten a súa base, aos de Aranga, Mesía, Sobrado, Vilasantar e Oza-Cesures.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, as intervencións relacionadas coa eliminación dos niños de avespa velutina, adoita acaparar gran parte das saídas do GES. Os efectivos deste grupo, que cobren as 24 horas do día durante os 365 días do ano, atenderon en 2019 un total de 991 casos deste tipo, o 77% deles nos meses de xullo a outubro.

A asistencia en incidencias relacionadas co tráfico foi a segunda causa de intervención do grupo de emerxencias. No pasado ano actuaron en 45 accidentes na estrada e en dous deles foi necesario excarcerar a algunha das vítimas. Os brigadistas do GES de Curtis tamén foron requiridos en 10 ocasións para retirar animais que vagaban soltos por vías públicas.

A extinción de incendios é outro dos labores que teñen asignados estes grupos de emerxencias. No caso do de Curtis, en 2019 actuaron nun total de 21 casos, dos cales 12 foron lumes urbanos, catro en vehículos e cinco forestais.

A axuda sanitaria en traslados de helicópteros (6), incidencias relacionadas co tendido eléctrico (4) e con escapes de gas (2) foron outras das actuacións deste grupo, que tamén interveu en casos como os de persoas desaparecidas ou na limpeza de vías.

 

foto grupo ges 2m copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.