Numeracion Curtis logos

Os comerciantes e os hostaleiros de Curtis súmanse ás Xornadas do Rural Galego cun gran mercado de primavera

O próximo 14 e 15 marzo, o comercio de Curtis súmase á iniciativa organizada polo concello Concello “O Rural Galego dende Curtis”. E farano co primeiro mercado do ano, anticipando a chegada da primavera.

Nun espazo coidadosamente decorado e ambientado, os distintos comercios presentarán as súas propostas para esta tempada. Ademais, estarán acompañados por unha representación da hostalería local cunha oferta moi variada, incluíndo unha foodtruck.

“Desde a Asociación de Comerciantes de Curtis traballamos con moita ilusión para diferenciarnos con eventos deste tipo, creando espazos orixinais. Pretendemos proporcionar unha experiencia única aos nosos clientes e veciños e sorprender a todos os que nos visitan”, explican os responsables da asociación que levan por lema: “Visítanos e ruralízate!”

69361299 1763579687106728 1356316277978693632 n

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.