Numeracion Curtis logos

O Servizo Público de Emprego Estatal adopta novas medidas polo coronavirus

Ao abeiro do Plan territorial de emerxencias da Xunta de Galicia e do estado de alarma decretado a nivel estatal, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), acordou as seguintes medidas:

No que se refire ás OFICINAS DE EMPREGO:
• As oficinas de emprego permancerán pechadas ao público.
• NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
• Se tes que realizar algún trámite urxente na túa demanda de emprego, poderás facelo
chamando a túa oficina de emprego ou ao 012.
• Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
• Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.

Ademais, cómpre que teñas en conta que, no que se refire ás OFICINAS DE PRESTACIÓN dependentes do SEPE:
• NON se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou
subsidio. É dicir, o teu dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
• Habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con
anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
• NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

En calquera caso, dende Emprego Galicia (emprego.xunta.gal) irase actualizando toda esta información á medida que se desenvolva o dito plan autonómico.

Para calquera consulta ou trámite chama á túa oficina de emprego ou ao 012!.
Contactos:
Ofina emprego de Betanzos: 881 880 244 / 881 880 245 / 881 880 246
Teléfono de Información de Prestacións/Subsidios: 981 995598

Descarga aquí o boletín informativo: Medidas SEPE.pdf

empregobetanzos

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.