Numeracion Curtis logos

O Concello mellora a presa e o sistema de suministro dos Morangueiros

O Concello de Curtis vén de rematar as obras na presa dos Morangueiros, que serve de punto de suministro a varias aldeas da contorna e ao polígono industrial de Teixeiro. Os traballos, que contaron cun orzamento de 77.988 euros, foron recepcionados o pasado 12 de marzo.

Unha das principais actuacións centrouse na reparación das gretas ocasionadas polo paso do tempo que poducían importantes filtracións na base e no perímetro da presa. Para reforzar e selar a infraestructura usouse mortero e formigón proxectado, mellorando así a súa capacidade estrutural e a súa funcionalidade.

Outro dos traballos importantes foi a substitución da tubería de conexión entre bombas, toma de auga e o colector de impulsión. Unha tubería de aceiro que nos últimos anos sufrira múltiples roturas cuns altos custes de reparación para o Concello. Ademáis realizáronse outros traballos de renovación no sistemas mecánicos da caseta de bombeo.

A obra incluíu tamén a reparación do pavimento do camiño de acceso á presa, coa limpeza e perfilado das cunetas e o saneo e rebacheo do fime.

Os traballos permitirán, por unha parte, dar unha mellor resposta no suministro -tanto as empresas do polígono como ás vivendas da contorna- en tempos de escasez de choiva e, por outra banda, garantiza o mantenimiento do caudal ecolóxico do río, sobre todo no periodo estival.

presa2

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.