Numeracion Curtis logos

A Xunta dá a probación definitiva á modificación do PXOM de Curtis

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo aprobou a modificación puntual número seis do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Curtis. Isto supón a validación definitiva do proxecto proposto polo equipo de goberno en colaboración e consenso cos veciños e que implica a desclasificación de 3 millóns de metros cadrados de solo rural, que pasan a ser considerados solo rústico, o que permitirá crecer ás explotacións agropecuarias e gandeiras.

A resolución aprobouse o pasado día 17 de abril despois de que os técnicos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda deran o visto bó as correccións realizadas polo Concello en 13 núcleos das parroquias de Fisteus, de Santa Eulalia e de Lourdes.

Este documento definitivo é o resultado das reunións, consultas permanentes e máis de 150 aportacións dos veciños e propietarios iniciadas en 2015, cando nos procesos de participación cidadá o 50% dos propietarios aseguraron que non tiñan previsión nin capacidade de cumprir co deber edificatorios establecidos na normativa urbanística.

Coa aprobación desta modificación do Plan Xeral, o Concello de Curtis da un forte impulso ó sector primario ó facilitar a ampliación das edificacións vinculadas á agricultura e á gandeiría, e ó reducir a contía dos impostos que os veciños pagan polas súas terras.

Trátase dunha revisión urbanística que reactivará a actividade agraria e gandeira e que, ademais, evitará que próximos ós núcleos e perímetros das aldeas se realicen actividades forestais que poñan en risco ás vivendas.

PXOMsantaia

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.