Numeracion Curtis logos

O Concello busca un monitor ou monitora de tempo libre. BASES DA CONVOCATORIA

TEXTO COMPLETO E ANEXOS: 
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/06/03/2020_0000003131.pdf

Convocatoria para a formación dunha lista para a contratación como persoal laboral temporal de monitor/a de actividades de tempo libre do Concello de Curtis.

PRIMEIRA.- Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é a formación dunha lista de monitores/as de actividades de tempo libre para contratación como laboral temporal, na modalidade de “obra ou servizo determinado” utilizando como sistema de selección o concurso-oposición, quedando derogada calquera lista anterior.

A modalidade de contrato temporal será de “obra ou servizo determinado”, e súa duración dos correspondentes contratos laborais terán unha duración máxima de dous anos.

SEGUNDA.- Características do posto de traballo:

  1. a) Este posto ten carácter de persoal laboral temporal do Concello.
  1. b) As horas de xornada laboral semanal para os postos de traballo e a duración do contrato determinarase no momento da súa formalización.
  1. c) As retribucións serán de salario base 1.108,33 € brutos mensuais equivalentes á realización dunha xornada completa, por tódolos conceptos, incluída a parte proporcional da paga extra que lles correspondan, sendo neste caso proporcionais á xornada satisfeita no caso de xornada a tempo parcial.

TERCEIRA.- Funcións:

As funcións do posto son as propias da titulación requirida na base cuarta apartado 5, as cales se realizarán en instalacións municipais (centro de ocio Infantil, recinto escolar, pavillóns municipais, piscinas municipais, campos de fútbol, pistas polideportivas exteriores, edificio de usos múltiples e as que sexan susceptibles de utilizar para o obxecto do programa de que se trate) .

Asemade a persoa contratada poderá colaborar de forma puntual con outras actividades socioculturais e deportivas municipais, organizadas ó longo do período de contratación, podendo abarcar o desenvolvemento das actividades os sábados e excepcionalmente os domingos e festivos (cando o calendario da actividade así o requira) inclusive fóra dos lugares arriba indicados.

CUARTA.- REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES.

1.- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público, conforme aos artigos 56 e 57 do TREBEP e ao art. 52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia.

2.- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

3.- Estar en posesión do título de graduado/a en ESO ou equivalente.

4.- Estar en posesión do título CELGA 3 ou equivalente. No caso de que non se posúa este título realizarase un exame de galego que será cualificado como “apto” ou “non apto”, sendo necesario acadar a cualificación de “apto” para terse por cumprido este requisito.

5.- Estar en posesión do título oficial de monitor/a de actividades de tempo libre ou título equivalente. 

6.- Non ter sido condenado/a por delitos de natureza sexual, o que deberá acreditar coa presentación do “Certificado por Delitos de Natureza Sexual” expedido polo Ministerio de Xustiza. 

7.- Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións ou tarefas correspondentes ao posto de traballo ao que se opte. Acreditarase mediante informe médico oficial no que se faga constar que o/a aspirante reúne as condicións físicas suficientes para a realización das tarefas, ademais de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto. 

8.- Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas. 

9.- Non estar incurso/a nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente. 

QUINTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.

As solicitudes (anexo II) presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Curtis mediante instancia dirixida ao sr. alcalde-presidente, no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte o da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial Provincial (BOP), no taboleiro de anuncios do Concello e a páxina web www.curtis.gal, ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as solicitudes que se presenten a través da Oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto para ser selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada. Neste caso os aspirantes deberá comunicalo mediante fax (981789578) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias, ou mediante e-mail ao seguinte correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., coa copia da solicitude debidamente rexistrada dentro do prazo de presentación. 

Actuarase de igual xeito, no caso de ser presentada a solicitude noutra Administración Pública, en caso de non realizar esta comunicación, vía fax, quedarán excluídos/as do procedemento de selección. Xunto coa solicitude os/as aspirantes presentarán fotocopia da seguinte documentación:

- Fotocopia do D.N.I.

- Fotocopia do título de graduado/a en ESO ou equivalente.

- Fotocopia do título CELGA 3 ou equivalente. A falta deste título solicitarase a realización dun exame de galego, a efectos do disposto na base 4.4.

- Fotocopia do título oficial de monitor/a de ocio ou de tempo libre.

- Declaración xurada de que non consta información penal, do/da interesado/a, na Base do Rexistro xeral de Delincuentes Sexuais.

- Declaración xurada de reunir os requisitos esixidos nos apartados 7, 8 e 9 da base cuarta da presente convocatoria.

- Documentación acreditativa para a fase de concurso. Fotocopia da documentación que se desexe aportar.

As persoas con discapacidade farano constar na solicitude, indicando se precisan adaptacións para realizar as probas.

 

SEXTA.- ADMISIÓN/EXCLUSIÓN DE ASPIRANTES.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución aprobando a lista provisional de admitidos/as e de excluídos/as, indicando a causa de exclusión. A referida resolución será publicada no taboleiro de anuncios do Concello e páxina web do concello (www.curtis.gal), concedendo, no seu caso, un prazo de dous días hábiles para a subsanación das deficiencias sinaladas. 

Finalizado o prazo de subsanación, o alcalde ditará resolución polo que se aprobe a lista definitiva de admitidos/ as, que en caso de non ter defectos que subsanar a lista provisional, será considerada a tódolos efectos definitiva. En dita resolución designarase ao Tribunal cualificador e se sinalará tamén o día, hora e lugar na que se realizará a fase de concurso e a fase de oposición do procedemento de selección, e será publicada no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web (www.curtis.gal).

 

SÉTIMA.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.

O sistema de selección será o de concurso-oposición. O procedemento selectivo terá unha fase de concurso e unha de oposición. O puntuación acadada será a suma total das dúas fases, ata un máximo de 10 puntos. A continuación se describe o proceso:

 7.1.- Fase de concurso (máximo 2 puntos)

O tribunal valorará os méritos alegados e xustificados documentalmente polos aspirantes conforme ao seguinte baremo: 

- Experiencia profesional. Puntuación máxima 2 puntos. Por servizos prestados na Administración ou Entidades Públicas, en empresas ou entidades privadas como monitor/a de lecer e tempo libre: 0,30 puntos por cada mes completo de xornada laboral completa, de servizo efectivo acreditado. Esta experiencia acreditarase mediante contrato laboral máis informe de vida laboral, ou certificación da administración correspondente, onde conste o posto de traballo, tempo traballado, xornada laboral e relación xurídica laboral. 

A este efectos reduciranse proporcionalmente os prestados a tempo parcial ou en períodos de tempo menores á xornada completa. Para acreditar que se ocupa ou se ocupou praza ou posto de igual ou similar contido, cando non coincidan a denominación dos que se ocuparan co da praza á que se opta, o/a interesado/a haberá de achegar certificado no que consten as funcións desenvolvidas. 

A cualificación definitiva virá determinada pola suma de todas estas puntuacións, ata un máximo de 2 puntos.

 Para proceder a avaliación dos méritos alegados nesta fase, será necesario previamente obter a puntuación mínima prevista para a fase de oposición.

 7.2.- Fase de oposición (máximo 8 puntos)

Realizaranse as seguintes probas:

Primeiro exercicio: Realización dunha proba escrita na que haberá que desenvolver un suposto práctico proposto polo tribunal de entre os contidos que conforman o temario recollido no anexo I das presentes bases. O tempo do que disporán os/as aspirantes para a realización do exercicio será dunha hora. A puntuación máxima desta proba será de 8 puntos, sendo necesaria unha puntuación mínima de 4 puntos para superala.

 Segundo exercicio: Aqueles aspirantes que non presenten a titulación Celga solicitada nestas bases, realizarán unha proba oral de galego, de carácter obrigatorio e eliminatorio, que se calificará como apto ou non apto. A calificación na proba como non apto supón a exclusión por parte do candidato do procedemento de selección.

 A orde de actuación será a alfabética de apelidos. A cualificación definitiva desta fase, virá determinada pola media aritmética das puntuacións obtidas no primeiro e a consideración de Apto no segundo exercicio.

 7.3.- Puntuación total

A puntuación acadada será a suma total das dúas fases, ata un máximo de 10 puntos, sendo necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos para ter superado o proceso selectivo.

No caso de empate nas puntuacións totais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida por servizos prestados na Administración, entes públicas, empresas ou entidades privadas. De persistir o empate este resolverase mediante sorteo que se realizará en presenza dos/das interesados/as.

 

OITAVA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.

1.- O tribunal cualificador será designado por Resolución da Alcaldía no momento de aprobación das listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as. En base ao establecido na Lei 2/2015 do emprego público de Galicia, o Tribunal encargado da selección estará integrado por:

 Presidente/a:

Un funcionario/a ou persoal laboral fixo da administración local designado/a pola alcaldía.

 Vogais:

Un funcionario/a ou persoal laboral fixo da administración local designado/a pola alcaldía.

Un funcionario/a ou persoal laboral fixo da administración local designado/a pola alcaldía.

Un funcionario/a ou persoal laboral fixo da administración local designado/a pola alcaldía.

 Secretario/a:

Un funcionario/a ou persoal laboral fixo da administración local designado/a pola alcaldía.

2.- O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, polo menos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes, debendo estar presentes en todo caso o/a presidente/a e o/a secretario/a ou persoas en quen deleguen. De tódalas reunións que faga o tribunal o/a secretario/a redactará acta.

 3.- Os membros do tribunal absteranse de intervir e o comunicarán á autoridade convocante cando concorran algunas das circunstancias prevista no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

 4.- O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan en aplicación das presentes bases así como nos casos non previstos polas mesmas.

 5.- O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores, con voz e sen voto, para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente.

 6.- Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcións de asistencias clasificaranse consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razóns de servizo.

 A designación dos membros do Tribunal farase por resolución da alcaldía e farase pública no taboleiro de anuncios e páxina web do Concello de Curtis a efectos de recusación.

image 2

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.