Numeracion Curtis logos

Fallado o XV Premio de Narración Curta do Concello de Curtis

O certame de narrativa do concello de Curtis acadou á súa edición número XV coa caixa de correo repleta de ducias de traballos que chegaron desde todas as partes de Galicia. Nesta convocatoria o punto de partida para a creación dos relatos foi meterse na pel dun ser extraterrestre que visita o noso planeta e pon por escrito as súas impresións sobre o que aquí acontece.

O xurado estivo formado polo lingüista Manuel Rico Verea, a poeta Yolanda Castaño e o escritor Antonio Piñeiro, gañador do certame na convocatoria pasada, xunto a coordinadora do certame Lucía Aldao, con voz e sen voto. Tras unhas intensas deliberacións, pola calidade de tódolos relatos, acordouse que os textos premiados son:

Categoría A (xente nova):

1º premio de 200 euros para o relato titulado Marcianación, de Nee Barros Fernández (Marín).

2º premio de 100 euros para o relato titulado Recordos, de Paula Redondo Murillo (Sanxenxo).

Categoría B (xante adulta):

1º premio de 350 euros para o relato titulado Pendentes, de Prince Vidal Rodríguez (Pontevedra).

2º premio de 150 euros para o relato titulado Abrente en ERZ, de Eduardo Manuel Campos Coello (Marín).

Este ano as persoas premiadas terán que agardar un pouquiño máis do habitual para recoller os seus premios. O acto de entrega celebrarase o sábado 19 de setembro.

 

banner narracion curta XIV

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.