Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis mellorará 935 puntos de luz con tecnoloxía LED

logosobras2

 

O Concello de Curtis levará a cabo a renovación das instalacións de iluminación exterior, actuando en 935 dos 2.351 puntos de luz existentes, substituíndo as actuais luminarias equipadas principalmente con lámpadas de vapor de sodio de alta presión, vapor de mercurio e halogenuro metálico por luminarias LED de última xeración e elevada eficiencia e actualizando a maioría dos cadros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente Esta actuación supoñerá unha diminución da potencia instalada de 81,23kW a 36,28kW e un aforro enerxético estimado do 56%.

O proxecto, cun investimento total de 407.409,03 euros, executarase grazas a unha subvención de 325.927,20 euros en base ao Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

iluminacion led ventajas

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.