Numeracion Curtis logos

Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no programa Campaña de verán-2020

Normativa

Orde do 9 de xuño de 2020 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº116 do 15/6/2020)  BS303A, BS303F, BS303G, BS303H

Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. (DOG nº 67 do 8/04/2016). Modificada pola Orde do 28 de decembro de 2017 (DOG nº 3 do 4/1/2018) e pola Orde do 5 de febreiro de 2019 (DOG nº 39 do 25/2/2019)

Obxecto

facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2020 que se detalla no anexo I.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Participantes

Poden participar as persoas mozas galegas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:

  • As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible co COVID-19, sen prexuízo da documentación que deberán asinar as persoas proxenitoras ou titoras a que se fai referencia no artigo 8. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades de auga, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade.

Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será intransferible.

Persoas con discapacidade.

As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar cumprindo os seguintes requisitos:

  • Facer constar a súa condición na epígrafe da solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios se os precisara.
  • Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
  • Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de actividades e as características das instalaciónsde cada campamento poderanse consultar na páxina web de Xuventude
  • En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto, o/a menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.

Menores en situación de tutela ou garda administrativa

Os/as menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

Servizos ofertados

A participación na oferta da Campaña de verán 2020 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

  1. Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
  2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  3. Manutención en réxime de pensión completa.
  4. O material necesario para a actividade.
  5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
  6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

A incorporación e a recollida das persoas participantes nos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada nos termos que indique a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, na páxina web xuventude.xunta.es e antes do inicio da actividade, e de conformidade coas medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias sobre o COVID-19.

Prezos

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I (alíneas A, B e C) desta orde. Os prezos dos servizos ofertados nesta orde aparecen recollidos no anexo I da Orde do 16 de abril de 2018.

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa, así como as familias monoparentais, terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.

Documentación

A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda. No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen en conta como individuais.

Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I da orde de convocatoria).

As persoas solicitantes con discapacidade deben optar por unha destas dúas vías, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

Lugar de presentación

Prazo de solicitude

Sete días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 25 de xuño de 2020.

As persoas admitidas deberán presentar no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o seguinte ao da realización do sorteo, preferiblemente por vía electrónica, a seguinte documentación (os modelos estarán dispoñibles na páxina web http://xuventude.xunta.es/):

  • Xustificación de pagamento
  • Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
  • Tarxeta sanitaria ou seguro médico privado
  • Cuestionario de saúde e autonomia persoal (Anexo VI)
  • Declaración responsable de que sabe nadar.
  • De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa, e do Carné Xove .

No caso de persoas con discapacidade, ademais:

  1. Certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, cando os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade autónoma.
  2. Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI), con todas as epígrafes cubertas e a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, se é o caso. (Non se prestará ningún tipo de atención que non se reflicta neste documento ou en informes complementarios que se acheguen coa solicitude).

Máis información

  • SS Concello de Curtis.

 

verandiferente

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.