Numeracion Curtis logos

Organización da oficina de emprego a partir do 1 de xullo de 2020

PASO 1 > PARA INSCRICIÓN COMO DEMANDANTE DE EMPREGO

SOLICITUDE DE CITA PRESENCIAL PREVIA NA OFICINA DE EMPREGO

A partir do día 1 de xullo, a rede de oficinas de emprego da Xunta de Galicia retomará a súa atención ao público, no seu horario habitual, de 9 ás 14 horas.

Os trámites para os que está habilitada a cita previa presencial son os seguintes:

  • Inscrición inicial da demanda de emprego, para aquelas persoas que nunca estivesen inscritas como demandantes.
  • Modificación, actualización e outros trámites relativos á túa demanda de emprego, así como obtención de informes.
  • Orientación, asesoramento e acreditación da busca activa de emprego para a solicitude de subsidios ou outras rendas.
  • Formación para emprego (cursos ou obradoiros de emprego).
  • Tramitación de ofertas de emprego ou programas de emprego.
  • Comunicación de contratos de traballo.

Lembra que, como medida para favorecer ás persoas demandantes de emprego e evitar desprazamentos, A RENOVACIÓN NON É NECESARIA ATA O 30 de setembro 2020. A nova data de renovación será a data seguinte establecida no seu xustificante de demanda de emprego.

IMPRESCINDIBLE solicitar Cita previa mediante a web: https://emprego.xunta.es/citaprevia/

 

 PASO 2 > PARA SOLICITAR PRESTACIÓN OU SUBSIDIO, ADEMAIS DEBERÁ:

SOLICITAR DE CITA PRESENCIAL PREVIA NO SEPE

IMPRESCINDIBLE solicitar Cita presencial previa mediante a web: https://sede.sepe.gob.es/citaprevia/solicitudCitaPrevia.do

Información actualizada a 30.06.2020

Se ten dúbidas pode contactar coa sua Oficina de Emprego en:

  • Betanzos: 881880244
  • Melide: 881866123

 

 

1789963c93f14377406204a5c197f3cc XL

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.