Numeracion Curtis logos

INVESTIMENTOS DE MÁIS DE 142.000€ DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL PARA MELLORAR O MERCADO, RENOVAR CAMIÑOS MUNICIPAIS E PARA INSTALAR PUNTOS DE AUGA NO CONCELLO DE CURTIS

Esta mañá Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña, visitou o Concello de Curtis acompañado polo alcalde Javier Caínzos e os concelleiros do equipo de goberno.
Durante o encontro visitaron o recinto feiral de Curtis onde o Concello investirá máis de 32.000 euros, grazas a unha achega da Xunta, para levar a cabo obras de conservación e mantemento.
Alí tamén poideron falar cos tratantes de gando sobre as dificultades de sostibilidade que están a sufrir como consecuencia da crise económica desencadeados polo COVID-19.
Ademáis disto, o delegado tamén puido coñecer in situ outros dous investimentos da Consellería de Medio Rural:
      - A renovación dos camiños municipais da Cabana e de Padreiro
      - Dous puntos de auga na parroquia de Fisteus (lugar da Ratona) e na parroquia de Foxado (lugar de Vilariño)
Pola súa parte, o alcalde Javier Caínzos trasladoulle ao delegado unha serie de propostas para a mellora do Concello que esperamos que se fagan efectivas.

20201009 1

20201009 2

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.