Numeracion Curtis logos

Aprobación Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible (PACES)

O municipio de Curtis adheriuse o 15 de decembro de 2017 de forma voluntaria á iniciativa europea “Pacto de las Alcaldías para el Clima y la Energía”, asumindo así os obxetivos en materia de mitigación de emisións de GEI e adaptación ao cambio climático definidos no novo marco de actuación en materia de clima e enerxía que a UE traslada á autoridades locais dos estados que a integran.

Un dos compromisos que adquiren os Concellos que se incorporan ao Pacto de Alcaldías é a elaborar o seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible

O Concello de Curtis realizou dito plan e foi levado a pleno o pasado 11 de novembro onde foi aprobado por unanimidade.

Este Plan está  financiado  pola Consellería de Medio Ambiente a través da orde do 5 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto de Alcaldías para o clima e a enerxía sostible, cofinanciadas  polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional, con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Os dous obxetivos principais do Plan son:

  1. A descarbonizar o territorio municipal
  2. Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 40% para o ano 2030.

Ver tríptico realizado polo Concello de Curtis comunicando o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible: Triptico_PACES.pdf

Tríptico exposto na oficina municipal do Concello de Curtis: Tríptico na_municipal_de_Curtis.pdf

Ver cartel no tablón de anuncios: Tablón_de_anuncios_Concello_de_Curtis_.pdf

logo pacto copy copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.