Numeracion Curtis logos

NOVAS MEDIDAS PREVENTIVAS NO CONCELLO DE CURTIS ANTE A COVID-19

IMPORTANTE! NOVAS MEDIDAS PREVENTIVAS NO CONCELLO DE CURTIS ANTE A COVID-19

Na reunión deste luns, 18 de xaneiro, a COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA EVOLUCIÓN DO COVID-19 NO CONCELLO DE CURTIS, en vista da evolución da pandemia nos últimos días en Galicia e tendo en conta que este Concello de Curtis depende da área sanitaria da Coruña, sendo ésta a máis castigada e a que ten máis hospitalizacións por COVID-19, acordan o seguinte:

  1.  Suspender todas as actividades extraescolares e municipais, a excepción do programa de conciliación.
  2. Peche dos ximnasios e pavillóns.
  3. Peche da nave do polbo do recinto feiral de Curtis o 23 de xaneiro e o 9 de febreiro.
  4. Extremar a vixilancia do cumprimento das medidas sanitarias os días de feira.
  5. Suspender todos os actos previstos da celebración do entroido.
  6. Controlar o uso das instalacións deportivas (pistas de padel, tenis e multideporte) e o cumprimento das medidas sanitarias nas mesmas.
  7. Controlar e vixiar por parte da área de Cultura o cumprimento da normativa en locais municipais que usen as asociacións e entidades para as distintas actividades.
  8. Instar ao uso adecuado dos parques infantís, evitando as concentracións nos mesmos.De non ser así, procederase ao peche dos mesmos. 
  9. Promocionar o uso dos medios telefónicos e telemáticos para a tramitación administrativa ordinaria, minimizando ao máximo posible a atención presencial nas dependencias municipais.

Ademais de:

1.Dar conta da vontade de habilitar unha partida orzamentaria co fin de tramitar axudas para os colectivos máis afectados polas restricións existentes na actualidade, coma a hostalería, instando á administración provincial, autonómica e estatal para o seu cofinanciamento, así coma a adopción dun acordo para non cobrar a taxa de colocación de terrazas e o estudo dun paquete de medidas dirixido a reducir o custo da taxa do lixo.

2.Reprogramación de actividades deportivas online ante a suspensión das actividades presenciais.

Rógase a toda a veciñanza que se eviten exposicións e recomendase o confinamento voluntario.

Moi importante extremar as precaucións e limitar os encontros sociais á vista dos datos sanitarios, especialmente durante os meses de xaneiro e febreiro.

CONSULTA A ACTA COMPLETA AQUÍ: 92533_2021_01_18_Acta_Comision.odt.pdf

 

Rojo Azul Ilustrado Espacio Índice Tabla de Contenidos copy copy copy copy copy copy copy copy

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.