Numeracion Curtis logos

O CONCELLO DE CURTIS COMPRA UNHA CASA NO SEIXO DE ARRIBA POR IMPORTE DE 6.096€

O Concello xa é propietario desta edificación situada no Seixo de Arriba (parroquia de Nosa Señora de Lurdes).
 
A parcela consta dunha superficie de 112 m2, e atópase edificada. A súa valoración foi realizada pola arquitecta técnica municipal.
 
O alcalde, Javier Caínzos, explicou esta mañá: “O motivo desta compra radica en que a parcela está circundada por un sistema local viario, o cal dificulta o transito na zona e a seguridade viaria". 
 
“Damos resposta a unha demanda histórica dos veciños da zona.  Nos próximos meses procederase ao derribo e limpeza da parcelaAdemais engadiu “Coa adquisición desta parcela o Concello pretende ampliar o viario creando un espazo máis accesible e seguro ademais de dotar a zona dunha praza pública".  
 
Dende o Concello agradecen a disposición prestada por parte dos antigos propietarios, Maruja e Manolo, que priorizaron o interés xeral por riba do interés particular.
 
141986035 1827497837410294 8108459295455684536 o
Maruja e Manuel Sánchez Lesta, antigos propietarios, firmando a venta da parcela xunto co alcalde do municipio, Javier Caínzos
 
141581089 1827497830743628 5461219103022976705 o
En cor vermello: a parcela comprada polo Concello por un importe de 6.096,69€
 
142062146 1827497834076961 6414472822874688716 o
Imaxe da casa recentemente mercada polo Concello
 
#CONCELLODECURTIS 
 
 
 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.