Numeracion Curtis logos

O CONCELLO INICIA UN EXPEDIENTE DE RUINA A UNHA EDIFICACIÓN SITA EN CURTIS

O Concello abre expediente á denominada “Casa de telégrafos” situada na Avenida Principal e que colinda co Barrio de San José.

A edificación, ademais de presentar estado de deterioro está a supoñer un risco para os veciños e viandantes.

O desprendemento de cascotes, o derrubamento do Tellado e a presenza de malas herbas están a suponer unha ameaza constante.

Xa no ano 2004 se procedeu á apertura do expediente desta propiedade. Nestes últimos anos tamén se veu solicitando ao propietario a rehabilitación ou derrubamento da edificación.

Visto o caso omiso das peticións por parte do Concello, procédese á apertura de expediente.

O malestar veciñal tamén provocou a denuncia polo risco que supón.

O Concello abre expediente a máis edificacións en estado de ruina en diferentes lugares do Concello acolléndose á lexislación vixente que obriga ao titular ao deber de conservación das edificacións.

142752422 1828304597329618 3478125757096884056 o

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.