Numeracion Curtis logos

Descubre o Concello de Curtis

Veciños, veciñas: 

O peche perimetral é unha gran oportunidade para descubrir a esencia do noso municipio.

Son tempos de desfrutar do entorno natural máis próximo, realizar rutas pendentes ou descubrir curiosidades históricas, sempre e cando o fagamos con moita #responsabilidade e xunto as persoas que convivimos.

Neste artigo recollemos unha pincelada do noso municipio co fin de que coñezas os tesouros que nel se albergan e que o converten nun punto de gran valor cultural e paisaxísito do mapa galego.

Aprecia e desfruta do que está a poucos pés da túa casa!

1. SENDAS PEONÍS 

  • Paseo fluvial do Carregal (Teixeiro)

Esta ruta abarca o paseo fluvial ás beiras do río Carregal ao seu paso pola localidade de Teixeiro. Trátase dunha ruta sinxela e apta para todos os públicos cunha particular beleza baixo o paso do bosque de ribeira situado nun terreo plano na conca alta do río.

Conta cunha lonxitude aproximada de 1,1 km.

SM 02 PASEO FLUVIAL DE O CARREGAL CURTIS 15 min

Imaxe: Galicia Pueblo a Pueblo 

  • Senda Peonil “Regato Fonte Cavada" (Curtis) 

IMG 8804 1 min copy

IMG 8800 1 min copy

Situado en Curtis, o Regato fonte Cavada é unha ruta para desfrutar dun pequeno percorrido no que descubrir os segredos da natureza do río Mandeo. A paisaxe está marcada por pequenos prados cercados por valos. Tamén abundan os eucaliptos, carballos e piñeiros.

Conta cunha lonxitude de menos de 1 km.

2. PONTE MARZÁ

PONTE MARZÁ CURTIS 04 min

Imaxe: Galicia Pueblo a Pueblo 

Sobre o río Mandeo e comunicando os lugares de A Brixaría (parroquia de Santaia de Curtis) e Mandeo (parroquia de Santa María de Foxado), está esta pequena ponte de construción popular, que viu pasar máis de douscentos anos de historia por el.

Está formado por catro vans alintelados con laxas de granito de bo tamaño (tres pezas por van), apoiadas nas correspondentes cepas, construídas cunha fábrica de sillería irregular, bastante ben aparellada, sobre todo en tallamares e esporóns.

 3. MONTE ENXAMEADO 

Foto 7. Monte Enxameado turismo.gal 1024x768 min copy

Un dos puntos máis altos da zona, cun excelente mirador a máis de 600 metros de altitude dende onde se pode observar boa parte do municipio. Aquí nace o río Cabalar, afluente do Tambre, e en 1980 localizáronse no memo dúas mámoas, unha a 20 metros da cumbe e outra a 250 metros.

4. TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO 

chiruca camino de Santiago min copy

Imaxe: Internet

A Compostela haI tantos camiños como puntos de partida, e o que recorre as terras curtienses forma parte do Camiño Norte ou Camiño Cantábrico 

En Curtis pódense percorrer casi 23 kilómetros de camiño que nos levan por interesantes mostras da arquitectura rural galega: casonas señoriais, igrexas, pontes, hórreos e fontes, que comparten protagonismo co bonito entorno natural do río Mandeo e os montes da Cova da Serpe

Amplía información aquí:Camiño Norte - Concello de Curtis

 5. ARQUITECTURA RELIXIOSA 

Todas parroquias do municipio contan con mostras arquitectónicas de tipo relixioso.

Algunhas das máis relevantes:

Igrexa de Nosa Sra. dos Remedios (s.X). Construída para cristianizar un lugar de ritos celtas. Na súa contorna atopábase a fonte da nosa Señora á que se lle atribúen augas milagrosas. Á beira do templo áchase o 'Carballo da Nosa Señora', un xigantesco carballo centenario onde, segundo a tradición, apareceuse a Virxe dos Remedios.

NUESTRA SEÑORA DE LOS REMEDIOS CURTIS 08 min

Imaxe: Galicia Pueblo a Pueblo 

Igrexa de Santaia. Xa hai constancia da súa existencia antes do século IX pero foi reconstruída no s. X por San Pedro de Mezonzo sendo Bispo de Iria tras o asalto dos normandos na súa segunda incursión en Galicia. Foi remodelada no s. XVI. A imaxe de Santa Eulalia é do tallista Juan Brocos.

27cd7781 6cb6 442d 8093 41292693a7d4 min copy

Igrexa de Sta. María de Fisteus. A primeira referencia da súa construción data do século X. Con todo, o seu estado actual é do s.XII-XIII e destaca polo seu fermoso retablo.

SANTA MARÍA DE FISTEUS CURTIS 07

Imaxe: Galicia Pueblo a Pueblo 

Igrexa de Santa María de Foxado. A primeira construción é do s. X, e tres séculos despois reconstruíronse a espadana e a sillería. Destacan os retablos barrocos do interior.

SANTA MARÍA DE FOXADO CURTIS 34 min

Imaxe: Galicia Pueblo a Pueblo 

Igrexa de San Roque de Xabriño. Nos Tumbos de Sobrado dátase no século X, e foi reconstruída no s. XVIII en sillería de mampostería. A súa contorna constitúe un conxunto etnográfico importante formado por fonte, cruceiro e 'carballeira'. Destaca pola súa fonte de tres caños.

af1f66d4 061e 4072 b7e0 cb548e818485

Este tan só é unha pequena lista do valor hístorico, cultural e patrimonial co que conta o Concello de Curtis. 

Anímate e descobre todos os recunchos do noso municipio! 

 

 

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.