Bases da convocatoria para a contratación laboral temporal, de catro peóns a xornada completa para a realización de obras e servizos mínimos do Concello de Curtis.
O Concello de Curtis mediante Decreto da Alcaldía nº 131/2021 de data 05/03/21 comunica que pretende contratar de forma temporal catro peóns a xornada completa para a realización de obras e servizos mínimos do Concello de Curtis.
Duración do contrato: cinco meses dende a súa sinatura.
Presentación de solicitudes: ata o 23 de marzo de 2021.
ACCEDE Á CONVOCATORIA: Contracións 4 peóns xornada completa.pdf
Para máis información chama ao Concello de Curtis no 981 789 003 ou ó 981 777 105 e marca a extensión 2037.