Numeracion Curtis logos

Ampliación e mellora do camiño de acceso aos lugares de Cabana e Padreiro (Fisteus)

O Concello está realizando a obra de "Ampliación e mellora do camiño de acceso aos lugares de Cabana e Padreiro (Fisteus)".

Coa execución desta obra mellorarase o pavimento existente neste camiño, mediante o estendido dunha nova capa de rodadura, e ampliase a calzada existente ata un ancho medio de 5 metros rematando cunha nova capa de rodadura cunha mezcla bituminosa en quente e pintado das marcas viarias necesarias.

Tamén se inclúe a limpeza e reperfilado de cunetas e ampliación das tajeas existentes, con reposición de salvacunetas.

Esta obra atópase subvencionada ao abeiro do  Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O importe total do proxecto ascende a 57.223,32 € e o importe da subvención é o de 47.292,00 €.

logo feader galicia 1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.