Banner Narracion Curta XVI

Vinte e dous xóvenes das catro provincias galegas fórmanse como monitores de tempo libre no Centro Etnográfico de Teixeiro

Curtis, 12 de xullo de 2021-. Remata o curso de monitor/a de actividades de tempo libre impartido pola Escola de tempo libre Scolé e que se levou a cabo nas instalacións do Centro Etnográfico de Teixeiro.

Vinte e dous xóvenes das catro provincias galegas participaron neste curso que deu comezo o 19 de xuño onde se hospedaron na zona de albergue do Centro.

O curso contou cun total de 200 horas lectivas das cales 140 impartironse de forma presencial e 60h telemáticamente e incluíu módulos de especialización en: educación medioambiental, nutrición, psicosocioloxía, primeiros auxilos, tiro con arco, laser tag, batalla de arqueiros, xogos tradicionais entre outros.

En palabras dos participantes: “foi unha experiencia clave para formarme ademais de poder disfrutar dun entorno único á beira do río Mandeo”.

IMG 20210624 110755 1

IMG 20210626 123358

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.