Numeracion Curtis logos

Aberto o prazo de inscrición para o programa "Concilia na Escola"

  •  O programa de conciliación familiar está dirixido a escolares de entre 3 e 11 anos.

O Concello de Curtis poñerá en marcha o 9 de setembro o servizo Concilia na Escola, nas instalacións municipais dos centros de ocio de Curtis e Teixeiro co que o goberno local pretende facilitar a conciliación laboral e familiar dos pais e nais co horario escolar.

O servizo está destinado a menores de 3 e 11 anos. As inscricións xa está abertas e os interesados deberán entregar cuberto e firmado o documento de inscrición tanto nas oficinas municipais de Curtis, na Casa do Concello en Teixeiro como no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O servizo disporá de horario de mañá e de tarde, abarcando as horas previas de entrada ao colexio, con posibilidade de almorzo ou non e dúas horas dende a saída do servizo de comedor. Adaptaranse os horarios segundo as necesidades. 

O programa está suxeito á normativa sanitaria vixente en cada momento.

Descarga aquí a ficha de inscrición: Ficha_inscrición_concilia.pdf

WhatsApp Image 2020 09 02 at 11.21.14 copy

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.